top of page

©Arquivo Reinaldo

Este é un proxecto didáctico da Biblioteca de Barro en colaboración co C.E.I.P. ''Amor Ruibal'' e I.E.S. Barro
Con motivo da ''Semana da Tradición Oral'' (2-8 de novembro), ponse en marcha este proxecto onde recopilaremos os nomes de parcelas, camiños ou zonas que, aínda que non veñen nos mapas, os nosos avós saben moi ben como se chaman.  Trátase dun proxecto vivo e en continua trasformación grazas ás aportacións constantes dos veciños de Barro.

 

Falamos dos zoqueiros, das costureiras, das cantigas, dos nomes das veigas ou dos lugares. Decimos aperta, xantar , eira, lusco e fusco.
 

A música, os contos, as tradicións, os oficios, as paisaxes ou a lingua forman parte dun patrimonio que, a pesar de non se tanxible, é o reflexo da nosa identidade cultural e social; é parte da nosa historia é parte de nós.

As nosas nais, avoas, os nosos pais e avós transmitíronnos este patrimonio inmaterial que nos alegra o oído e a vida e con el tamén a responsabilidade de coidalo e transmitilo ás xeracións futuras.

 

 

 

 

bottom of page